InicioCulturaMaruja Mallo, será a figura central dos actos do 8M en Viveiro

Maruja Mallo, será a figura central dos actos do 8M en Viveiro

Este ano, cúmprese o 120 aniversario do nacemento da artista viveirense.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través da sua concellería de Cultura, anuncia que está a preparar unha programación especial con motivo do 120º aniversario, o pasado 5 de xaneiro, do nacemento da artista viveirense Maruja Mallo.

O obxectivo do Concello de Viveiro é vincular a figura desta artista cos actos programados para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.

A relevancia de Maruja Mallo recae non só na sua importante obra como pintora vangardista, senón tamén no seu papel abanderando o movemento das “Sin Sombrero”. Dito movemento, buscaba a visibilidade das mulleres vinculadas ás artes e ás letras que quedaron excluídas dos círculos masculinos.

Deste modo, co gallo do 120º aniversario do seu nacemento, o Concello de Viveiro programará nos próximos meses diferentes actividades, coas que vincular a Maruja Mallo coa celebración do 8 de marzo. “Mallo foi un icono do feminismo e das mulleres artistas, vivindo nun momento no que a arte e a cultura estaban monopilizadas polos homes”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

“Por iso, queremos aproveitar para visibilizar unha lacra, como a falta de visibilidade das mulleres na Cultura, que por desgraza seguimos padecendo na actualidade”, engade.

O Concello de Viveiro está a ultimar o programa destes actos, que terán como eixo central a Maruja Mallo e que se celebrarán nos próximos meses.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...