InicioEconomíaA Campaña Obxectivo 400 de ACISA e Ribadeo F.C. xa ten a...

A Campaña Obxectivo 400 de ACISA e Ribadeo F.C. xa ten a lista de gañadores

As persoas afortunadas poderán reclamar os seus premios até o 21 de xaneiro.

Publicada o

Xa se coñecen os números gañadores da campaña Obxectivo 400 organizada por Acisa e o Ribadeo FC entre os socios deste club. O sorteo tivo lugar nas oficinas da asociación durante a mañá deste luns 17 de xaneiro e, tal e como se anunciou, foi emitido a través das redes sociais da asociación. Os afortunados teñen ata este venres, 21 de xaneiro, para reclamar os seus premios.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, interveu ao comezo do sorteo dirixíndose á cidadanía cunha mensaxe clara: “lembramos que esta campaña, é unha colaboración entre o Ribadeo FC e Acisa para axudar ao equipo local a aumentar o seu número de socios, coa colaboración de Acisa, que achega 500 euros en vales de compra para sortear en 5 premios de 100 euros cada un. O sorteo realízase entre os socios do Ribadeo FC, segundo o censo pechado o pasado domingo 16 de xaneiro”.
Os afortunados no sorteo da campaña obxectivo 400 son os seguintes:
1º Premio de 100 € – Nº de socio, 289: Anxo Expósito Teijo
2º Premio de 100 € – Nº de socio 120: José Luis Fernández Rodríguez
3º Premio de 100 € – Nº de socio 26: Valentín García Martínez
4º Premio de 100 € – Nº de socio 192: Anxo Mourelle Mon
5º Premio de 100 € – Nº de socio 185: Eugenio Conde Fernández
Desde Acisa Ribadeo tamén lembran os números afortunados no sorteo da XI Festa do Comercio. O prazo para ser reclamados os premios termina tamén o 21 de xaneiro.
Premio 2.000 €
– Rifa Nº 199.626 – Entregado en Bar Queimada 1º Premio de 500€
– Rifa Nº 117.540 – Entregado en Menfer 2º Premio de 500 €
– Rifa Nº 81.526 – Entregado en Bar Galicia 1º Premio de 250 €
– Rifa Nº 173.780 – Entregado en casa Fandín 2º Premio de 250 €
– Rifa Nº 98.237 – Entregado en Bar Cienfuegos 1º Premio de 100 €
– Rifa Nº 138.331 – Entregado en Xardineo 2º Premio de 100 €
– Rifa Nº 198.541 – Entregado en Farmacia Álvarez Lebredo 3º Premio de 100 €
– Rifa Nº 50.234 – Entregado en Peite 4º Premio de 100 €
– Rifa Nº 81.790 – Entregado en Bar Galicia 5º Premio de 100 €
– Rifa Nº 71.567 – Entregado en Asador A Quinta
O xerente de Acisa lembrou que “os premiados, en ambos os sorteos, teñen ata o día 21 de xaneiro para reclamar o seu premio nas oficinas de Acisa Ribadeo, que están situadas na rúa San Roque, 57- baixo, de luns a venres de 09:30 a 14:30 ou poñéndose en contacto cos seguintes números de telédono: 982 120 565 e 672 24 82 26 ou info@acisaribadeo.es. Pasada esa data xa non se poderán reclamar os premios. Os que queden desertos non se volverán a sortear e serán investidos en novas campañas ao longo do ano”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...