InicioOrientalRibadeoO Ribadeo indiano, as xeorutas e as Catedrais, os puntos fortes do...

O Ribadeo indiano, as xeorutas e as Catedrais, os puntos fortes do concello en Fitur

"Nas reunións estamos a expoñer as liñas coas que levamos anos traballando co obxectivo de fidelizar visitantes, atraer novos segmentos de poboación e favorecer a desestacionalización do destino”, apuntan desde o Concello e Acisa.

Publicada o

- Advertisement -

Última xornada de traballo da delegación, conformada por Concello de Ribadeo e Acisa, que estes días fai promoción dos potenciais turísticos ribadenses en Fitur. A Madrid viaxaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, a técnica de Turismo, Begoña García, e o xerente de Acisa, Jesús Pérez.

Dende o pasado mércores os representantes municipais e do empresariado ribadense están a mantear diferentes encontros de traballo con fin de potenciar a imaxe turística de Ribadeo. Estes días manteñen reunións de traballo con empresas turísticas, turoperadores e con diversas axencias de viaxes.

“Nesas reunións estamos a expoñer as liñas nas que levamos anos traballando co obxectivo de fidelizar visitantes, atraer novos segmentos de poboación e favorecer a desestacionalización do destino”, apuntan desde o Concello e Acisa.

E subliñan que “o labor está centrado na promoción dos diferentes produtos turísticos cos que contamos como as xeorutas, o Ribadeo Indiano, o Ribadeo Ilustrado,… entre outros, demostrando que somos un destino turístico 365 días ao ano con diversas experiencias de turismo vivencial. Tamén tentamos dar unha visión moito máis ampla da praia das Catedrais para expoñer todo o seu potencial e que este reverta na economía local”.

Desde a delegación ribadense desprazada a Fitur engaden que “a promoción de Ribadeo como paso do Camiño de Santiago está a ser unha liña de especial traballo de cara a este año santo 2022 por todo o que pode supor para o noso concello”.

Concello e Acisa mantiveron estes días xuntanzas co Clúster de Turismo de Galicia e tamén coa Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia. Despois de 2 xornadas moi intensas de traballo, hoxe remata axenda coas últimas reunións e presentacións das que din “están a ser moi produtivas, de aí que esteamos moi satisfeitos co noso paso por Fitur 2022”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...