A tirolina “máis extensa” de Galicia, que funcionará no municipio da Pontenova, inaugurarase a próxima semana, despois de varios casos de Covid detectados entre traballadores da empresa e que impediron a súa estrea esta semana. O anuncio trasladouno o alcalde da Pontenova, Darío Campos, que, aínda que afirma que “non” pode dar unha data exacta, si confía en que eses positivos sexan dados de alta ao longo do fin de semana.
Así as cousas, o rexedor presupuxo que “a próxima semana buscarase unha data e na primeira semana de febreiro estará inaugurada e posta en marcha”. Campos presumiu que se trata de “as máis longas de Galicia, senón a primeira e para o concello vai supor un revulsivo turístico onde se busca pór en valor o complexo histórico das minas de Vilaoudriz”.
“Vai ser importante para A Pontenova, para A Mariña e para a provincia de Lugo. Conta cun orzamento de 300.000 euros co que se vai a pór en valor o complexo mineiro onde xorde o concello da Pontenova”, sinalou. A tirolina “supera os 300 metros de lonxitude, e a altura máis importante prodúcese en metade do percorrido alcanzando o setenta metros”, dixo. “Aínda que impresione a caída é moi suave”, destacou.
Sairá de “unha das minas, da mina Consolo en concreto, e a idea nace dun cable aéreo por onde baixaban os vagonetas cargadas de mineral para un forno”, abundou. Campos lembrou que para este proxecto, no que participa a Deputación de Lugo, mesmo se pensou nun “teleférico”, pero finalmente abandonouse esa idea para instalar unha tirolina, que é a “máis extensa de Galicia”.