InicioOrientalTrabadaAmpliado o convenio entre Trabada e a Deputación de Lugo para xestionar...

Ampliado o convenio entre Trabada e a Deputación de Lugo para xestionar o centro de maiores

O acordo prolongarase até 2025, dando servizo a día de hoxe a 30 persoas usuarias.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada aprobou hoxe nun pleno municipal unha addenda ao convenio que ten coa Deputación de Lugo para a xestión do Centro de Atención aos Maiores, ampliando a súa vixencia ata outubro de 2025.

Desta forma, o concello obtén a garantía de que continuará a xestión do centro nas mesmas condicións que as actuais, dando servizo a día de hoxe a 30 persoas usuarias.

“Para o noso concello é moi importante manter este modelo de xestión do centro, a través do cal se atende a calquera veciño con independencia da súa capacidade económica”, asegura a alcaldesa, Mayra García Bermudez, que pon tamén en valor unha vez máis “a labor de todos os profesionais que traballan coidando dos nosos maiores”.

García Bermúdez lembra que “a xestión da residencia de Trabada está centrada nas persoas, un modelo no que se pretende que os maiores manteñan o vínculo co seu medio, familiares, amigos e veciños, por iso teñen preferencia no acceso os veciños e veciñas de Trabada; en definitiva, un modelo para que os maiores atopen neste centro o seu fogar”.

No pleno, debatiuse tamén sobre a recente cesión duns terreos de Trabada por parte da Deputación de Lugo ao concello. “O obxectivo é presentar algunha iniciativa industrial ou agroforestal para optar ás axudas europeas ‘Next Generation’, e para iso é condición indispensable que o concello dispoña dos terreos”, explicou a alcaldesa. “Os concellos temos máis facilidades para concurrir a estes fondos”, rematou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...