InicioOrientalTrabadaÚltima fase de renovación e humanización da rúa Cotarelo en Trabada

Última fase de renovación e humanización da rúa Cotarelo en Trabada

O orzamento total era de 121.000 euros, pero despois da licitación prodúxose unha baixa económica, adxudicándose por 108.295 euros. O concello aporta 40.535 euros, correspondendo o resto ao goberno autonómico, a través dunha axuda de 67.760 euros que tramitou persoalmente a alcaldesa.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, xunto aos concelleiros Rubén García e Julia Barcia, estiveron hoxe supervisando as obras de renovación integral e humanización da rúa Cotarelo, xa na súa última fase. O Concello de Trabada conseguiu unha subvención da Xunta de Galicia para cofinanciar esta actuación nun dos viais más céntricos do municipio.

O orzamento total era de 121.000 euros, pero despois da licitación prodúxose unha baixa económica, adxudicándose por 108.295 euros. O concello aporta 40.535 euros, correspondendo o resto ao goberno autonómico, a través dunha axuda de 67.760 euros que tramitou persoalmente a alcaldesa.

“É un proxecto moi importante para unha das principais arterias do noso concello, dotando a zona de novos servizos e humanizando a contorna para facela mais habitable, mellorando así a vida diaria dos nosos veciños e veciñas”, explica García Bermúdez.

Ademáis, a rúa Cotarelo conflúe no seu inicio coa Rúa do Concello, pola que transcurre o Camiño de Santiago Norte–Ruta da Costa, declarado Patrimonio da Humanidade; en frente está situado o concello e un espazo público que conta cunha praza, un parque infantil e a Igrexa Parroquial, polo que tamén mellorará a imaxe de Trabada de cara aos turistas e peregrinos.

Antes dos traballos atopábase cun pavimento moi deteriorado, executado con seccións varias e con dobre sentido de circulación, onde só había un tramo de beirarrúa nos primeiros metros, na marxe dereita, que tamén se atopaba en mal estado.

A renovación consistiu nunha rúa ao mesmo nivel, con beirarrúas a ambas marxes, un carril de aparcadoiro pola marxe esquerda e un carril de circulación de dirección única.

Con estas obras dotouse á rúa de novas redes de saneamento e abastecemento de auga; alumeado público; canalización de baixa tensión e telefonía; pavimentación da calzada e das beirarrúas, e sinalización vial.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...