InicioEconomíaCampaña de apoio ao comercio local de Ribadeo con tarxetas para desconto...

Campaña de apoio ao comercio local de Ribadeo con tarxetas para desconto en combustible

Trátase duna acordo entre ACISA Ribadeo e Gasóleos Abelleira polo que se expedirán 50.000 tarxetas cun desconto de 0,10 euros/litro de combustible, que se poderán obter ao comprar e consumir nos comercios e na hostalería de Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

Acisa e Gasóleos Abelleira poñen en marcha unha nova edición da campaña de apoio aos negocios locais asociados. Trátase de 50.000 tarxetas cun desconto de 0,10 euros/litro de combustible, que se poderán obter ao comprar e consumir nos comercios e na hostalería de Ribadeo.

Desde Acisa e desde Gasóleos Abelleira explican que “as 50.000 tarxetas estarán repartidas nos negocios asociados a Acisa e poderán facerse con elas as persoas que compren nos nosos comercios ou que consuman na nosa hostalería entre o 1 de febreiro e o 10 de abril. O gasto a realizar nos establecementos asociados para recibir unha tarxeta deberá ser superior aos 5 euros e só se entregará unha tarxeta por cada compra dese importe”.

E subliñan que “as tarxetas son descontos de 0,10 euros por litro de combustible sen límite nos litros de reposición. E será de aplicación unicamente na estación de servizo que está situada no polígono industrial. Este desconto non é compatible con outras promocións de Gasóleos Abelleira”.

Acisa anima “á veciñanza a apostar, coma sempre, polo comercio e pola hostalería locais e a aproveitar esta promoción que nos brinda un dos nosos asociados, Gasóleos Abelleira, porque ademais de apostar polo consumo local aforraremos cando vaiamos encher o depósito dos nosos coches, e iso é importante nos tempos que corren, ademais de intentar darlle un maior impulso ao remate da campaña de rebaixas e ao inicio da tempada de primavera no comercio”.

Dende Acisa conclúen: “con esta campaña pretendemos, como decimos, impulsar a actividade hostaleira e comercial especialmente, neste remate da tempada de rebaixas e neste primeiro trimestre ata que comece a chegar o bo tempo, e de novo as datas de afluencia turística”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...