InicioOrientalRibadeoNova imaxe para a fonte situada no inicio do camiño ao faro...

Nova imaxe para a fonte situada no inicio do camiño ao faro de Ribadeo

A concelleira, Mónica Freire, engadiu que “o orzamento desta actuación foi de 8.200 euros e con estas melloras o que queremos tamén é poñer en valor estes pequenos, pero importantes espazos dentro da historia de Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo realizou obras de recuperación da fonte que se atopa situada ao comezo da estrada que vai ao faro. O investimento ascendeu a 8.200 euros e os traballos foron supervisados hoxe polo alcalde, Fernando Suárez, e pola concelleira de Obras, Mónica Freire.

A edil declarou que “o Concello de Ribadeo ven de recuperar a fonte que se atopa no comezo da estrada do faro. Trátase dun recuncho do noso casco histórico que quixemos poñer en valor e mellorar cunha serie de actuacións que incluíron o arranxo das paredes que a rodean, coa posta en funcionamento da propia fonte que agora mesmo xa conta con auga e coa mellora do espazo onde está situada”.

Mónica Freire engadiu que “o orzamento desta actuación foi de 8.200 euros e con estas melloras o que queremos tamén é poñer en valor estes pequenos, pero importantes espazos dentro da historia de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...