InicioOccidentalO VicedoUn can morto tras arder por completo unha casa deshabitada no Vicedo

Un can morto tras arder por completo unha casa deshabitada no Vicedo

Publicada o

- Advertisement -

Os Bombeiros de Viveiro traballaron durante a pasada madrugada contra as chamas que calcinaron por completo unha casa deshabitada no municipio lucense do Vicedo.

Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, non houbo que lamentar danos persoais, pero os medios de extinción reportaron que foi imposible salvar a vida dun can que se atopaba nas inmediacións do inmoble.

Foron varios os particulares que alertaron ao 112 Galicia, ao redor de medianoite, dun lume nunha casa no lugar de Abrela. Segundo un dos relatos, tratábase dunha vivenda deshabitada e de construción de madeira.

Ata ao lugar acudiron, ademais dos bombeiros, axentes da Garda Civil e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Así mesmo, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose necesaria a súa intervención nalgún momento.

Tras finalizar as tarefas de extinción, os efectivos de Protección Civil comunicaron ao 112 Galicia que un cable da iluminación pública tamén resultou danado a causa do incendio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...