InicioEconomíaACISA Ribadeo sinala que o luns 21 de febreiro acaba o prazo...

ACISA Ribadeo sinala que o luns 21 de febreiro acaba o prazo para reclamar os premios San Valentín

En ACISA insisten en que “ninguén tire as rifas ata o día 22 de febreiro, xa que de quedar algún premio deserto ese volveríase a sortear o martes. Tras o novo sorteo os números previos quedarán anulados”.

Publicada o

O vindeiro luns, 21 de febreiro, conclúe o prazo para reclamar os premios de San Valentín sorteados por Acisa Ribadeo. Os afortunados ou afortunadas recibirán 3 experiencias, de 2 días de desconexión, que constan dunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas, cada unha, a elixir entre 2.800 destinos nacionais.
Unha das papeletas, a 1.989, que foi entregada en Laboral San Antonio apareceu e a afortunada xa recolleu o seu premio nas instalacións de Acisa Ribadeo. Están pendentes de facerse co seu agasallo os posuidores da papeleta 4.266, entregada na Coqueta, e da 2.624, que se entregou en Boutique Valentina.
Desde Acisa subliñan que “os premios poden reclamarse ata o luns, 21 de febreiro, nas oficinas de Acisa Ribadeo de 09:30 a 14:30 na rúa San Roque 57 – baixo. E durante a fin de semana, aínda que estea pechado o noso local, poden chamar ao 672 24 82 26”. E insisten en que “ninguén tire as rifas ata o día 22 de febreiro, xa que de quedar algún premio deserto ese volveríase a sortear o martes. Tras o novo sorteo os números previos quedarán anulados”.
E engaden: “o sorteo farase da mesma forma, non presencial, e será emitido a través do facebook da asociación, con posterior comunicación dos mesmos polas nosas redes sociais e os medios de comunicación”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...