InicioOrientalBarreirosRetorna o Entroido a Barreiros con desfiles, actividades para os máis pequenos...

Retorna o Entroido a Barreiros con desfiles, actividades para os máis pequenos e os xigantes e cabezudos

O prato forte será o desfile do venres 4 no que se repartirán 1000 euros en premios.

Publicada o

- Advertisement -

O desfile contará con novidades xa que cambia o percorrido, comezando na praza do Concello ás 21 horas e finalizando no Centro Social, con 3 puntos de exhibición marcados pola organización. Repartiranse 1000 euros en premios entre as distintas categorías.

ACTIVIDADES INFANTÍS PREVIAS AO DESFILE

Os máis pequenos gozarán de dúas actividades. O domingo 27 a festa infantil de disfraces no pavillón municipal no que participaran animando a festa Os Macanudos, Habelas Hainas e os xigantes e cabezudos, para os que será a primeira saída despois da súa restauración nos pasados meses. O luns 28 será a quenda do obradoiro de máscaras para o cal será preciso anotarse previamente.

OS CABEZUDOS, PROTAGONISTAS CON NOVAS CARAS

Na mañá do domingo 27 será a presentación da restauración dos xigantes e cabezudos na que estará presente, entre outros o artista encargado da restauración, Kukas Monicreques, e que será o pistoletazo de saída para os distintos eventos do entroido nos que serán protagonistas.

A programación:

Domingo 27

Presentación restauración Xigantes e Cabezudos

Praza do Concello (12 horas)

Festa infantil de disfraces

Pavillón municipal (18 horas)

Amenizada por: Macanudos, Habelas Hainas e os xigantes e cabezudos

Luns 28

Obradoiro de máscaras de entroido

Centro sociocultural (10:30 horas)

Venres 4

Desfile

Saída praza do concello (21 horas)

A información das actividades así como para inscricións estará dispoñible nos vindeiros días na web municipal www.concellodebarreiros.gal

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...