A decimo sétima edición do Campionato de Tuto organizado polo Centro Social de Penasagudas, na parroquia de Monte, finalizou este pasado sábado 19 de febreiro cunha cea de confraternidade. Este evento contou coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove.
No mesmo participaron 10 parellas de distintos concellos da Mariña, as cales, durante os venres dos pasados meses invernais disputaron o campionato na modalidade de todos contra todos. Salientar que nesta cita, dentro dos 20 participantes, 5 eran mulleres.
A victoria final foi para parella formada por Enrique e Elier, segundos foron Lorena e Debi, completando o cadro de honra na terceira posición Pepe e Borja.
As 5 participantes recibiron un ramo de flores. En canto aos trofeos foron entregados pola concelleira de Servizos Sociais Ana Abad e Jesús Pérez por parte da organización.