O Concello de Alfoz publicou na súa web municipal, www.concellodealfoz.com, os documentos remitidos por este Concello ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. A documentación referida está dentro da sección Actualidade-Novas.
Dentro deste conxunto de alegacións poderase ler o Informe do arquitecto técnico municipal así como o escrito presentado no rexistro do Concello de Alfoz, con data 22 de febreiro, por parte dunha integrante da Plataforma de veciños e veciñas afectadas pola macrocentral hidroeléctrica do Xistral, o cal foi remitido por este Concello xunto ao informe técnico, sendo o único escrito recibido dentro do prazo establecido (25 de febreiro) para enviar ao Ministerio a documentación relativa á consulta.
Toda esta documentación póde consultarse no seguinte enlace:
https://drive.google.com/drive/folder/1xEqEoXLzspJbfjgQ4sHD6GqPjitKGlC9?usp=sharing