InicioCentralAlfozA alcaldía de Alfoz lembra que o 9 de marzo remata o...

A alcaldía de Alfoz lembra que o 9 de marzo remata o prazo final para entregar a documentación sobre a hidroeléctrica

O Concello de Alfoz aclara que as data ofrecidas pola Plataforma de Veciños para a entrega das alegacións ao proxecto de hidroeléctrica non finalizaba o 23 de febreiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz lembra que o prazo final para a entrega de toda a documentación relacionada coa hidroeléctrica do Xistral, remata o vindeiro mércores 9 de marzo.

A documentación que se envía desde Alfoz inclúe o informe técnico municipal e o documento presentado pola “Plataforma de afectados pola macrocentral hidroeléctrica do Xistral”.
Toda esta información foi recibida polo Ministerio de Transición Ecolóxica e incorporada ao expediente correspondente.
Desde o Concello insisten en que “Lembramos que o prazo final para a entrega de documentación é o día 9 deste mes de marzo, cousa que a Plataforma sabe perfectamente, pois é o prazo que barallan para enviar as alegacións que están a recoller”.
Engaden tamén que “o Concello non vai entrar en polémicas innecesarias e crear crispación na poboación, pero tampouco vai permitir que se fagan acusacións graves e infundadas ao respecto“.
Atentamente,

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...