IniciosociedadeA mancomunidade fala de "cheo total" na maioría dos locais participantes no...

A mancomunidade fala de “cheo total” na maioría dos locais participantes no Mes da Maxia

Adheríronse 19 establecementos de 12 municipios e seis magos, catro deles mariñaos

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade de Municipios da Mariña destaca que a sétima edición do Mes da Maxia supuxo “un cheo total para a maioría dos establecementos participantes”, segundo expón a xerente da agrupación de concellos, Tania Hermida.

Na sétima edición da cita, que organiza a mancomunidade coa Axencia de Turismo de Galicia, participaron 19 restaurantes de 12 municipios diferentes: Viveiro, Cervo, Foz, O Valadouro, Burela, Ourol, A Pontenova, O Vicedo, Ribadeo, Barreiros, Mondoñedo e Alfoz.

O Asador, O Noso Lar, Casa Damián, Hotel Vila do Val, Buenavista, A Marquesa, A Garita, Casa do Fidalgo, Mis en Plas, O Rincón do Mis, Area Grande, O Cabazo, A Yenka, Texturas Galegas, A Penela, O Almacén, As Sirenas, Casa Franco e o Parador de Turismo de Ribadeo foron os locais participantes.

Ao longo do Mes da Maxia actuaron seis magos: Rafa e Teto e os mariñaos Pi, Joge, Kiko e Paredes.

OPORTUNIDADE

O evento, que combina maxia e gastronomía, xurdiu no 2011 para desestacionalizar o turismo. “Os restaurantes consideran esta cita unha oportunidade para darse a coñecer entre o resto dos mariñaos, ademais de para coidar aos clientes habituais. Trátase dunha iniciativa moi boa nunha das épocas de menor actividade para o sector”, conclúe Hermida.

O presidente da Mancomunidade, o socialista Alfredo Llano, asegura que “de cara ao próximo ano procuraremos aumentar a promoción no exterior, para conseguir que cada vez veña máis xente a esta comarca durante o outono e o inverno”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...