InicioCentralBurelaBurela celebra o 8M poñéndolle o nome da veciña Gloria González a...

Burela celebra o 8M poñéndolle o nome da veciña Gloria González a unha rúa da vila

A concelleira de Igualdade, Noelia Mª Ben, deu lectura ao manifesto conmemorativo no que houbo alusións á guerra “inxusta e innecesaria” en Ucraína: “desde o Concello de Burela queremos condenar de maneira explícita esta guerra e manifestar a nosa solidariedade co pobo ucraíno”.

Publicada o

- Advertisement -

Cunha concentración e coa lectura dun manifesto tiveron lugar en Burela os actos para celebrar o Día Internacional da Muller. A burelesa Gloria González Niñe (Gloria do Corneta) xa conta cunha rúa na súa vila. Este mediodía descubriu unha placa con moita emoción e recibiu un ramo de flores. Xunto a ela estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e as concelleiras de Igualdade, Servizos Sociais e Festexos, Noelia Mª Ben, Carmela López e Toñi Eijo, ademais de veciñas, veciños e familiares.

Con este acto o Concello quixo recoñecer o amor que Gloria González Niñe lle profesa publicamente a Burela e así darlle as grazas por ser un referente na historia recente do municipio.

A concelleira de Igualdade, Noelia Mª Ben, deu lectura ao manifesto conmemorativo no que houbo alusións á guerra “inxusta e innecesaria” en Ucraína: “desde o Concello de Burela queremos condenar de maneira explícita esta guerra e manifestar a nosa solidariedade co pobo ucraíno”.

A edil burelesa dixo que “é necesario visibilizar e por en valor ás mulleres referentes para dotar de exemplos reais ás xeracións mais novas. Mulleres pioneiras, de todo tipo de disciplinas e sectores, que coas súas experiencias, a súa sabedoría e o seu talento poidan iluminar o camiño das mais novas” e seguiu a sinalar que “aínda que hoxe o reivindiquemos con maior énfase, verdadeiramente todos os días son 8 de marzo. Todos os días debemos respectar e valorar ao xénero feminino como merece. E por iso animamos a toda a cidadanía a seguir esforzándose, cada uno dos 365 días do anos, para que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva, para que a sociedade sexa, en definitiva, mais xusta con todas e todos”.

A fachada do Concello de Burela loce de color malva estes días. Tamén durante estes días a biblioteca municipal habilitou un espazo na planta baixa no que están expostos diversos libros sobre mulleres referentes na historia e na cultura, libros sobre diversidade, igualdade e feminismo entre outros.

Esta semana de celebracións arredor do Día da Muller rematará o 18 de marzo con teatro na Casa da Cultura ás 21:00 horas. A compañía De Ste Xeito representará Feminíssimas. Trátase dunha comedia negra…moi violenta. O prezo das entradas na billeteira será de 3 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...