InicioOccidentalViveiroRenovación da executiva local do PSOE de Viveiro

Renovación da executiva local do PSOE de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

O PSOE de Viveiro renovou a súa Executivoa Local este pasado 7 de marzo, nunha Asemblea Extraordinaria. Nesta asemblea, María Loureiro García foi elixida como Secretaria Xeral por aclamación. Do mesmo xeito, foron escollidos tamén por aclamación os membros que integran o equipo executivo.

Tras a xuntanza referida, a Executiva Local do PsdG-PSOE en Viveiro queda formada por María Loureiro García, como Secretaria Xeral; Lara Fernández Fernández-Noriega, como Vicesecretaria Xeral ao cargo de Muller, Igualdade e Cultura; Mari Carmen Franco Díaz, como Secretaria de Organización; Vicente Hermida Rodríguez, á fronte da Secretaría de Política Municipal e Medio Rural; Covadonga Viamonte Aguiar, na Secretaría de Emprego, Industria, Comercio e Turismo; Óscar Canoura González, na Secretaría de Xuventude e Deporte; Victoria Baamonde Gómez, na Secretaría de Acción Social e Educación; e Jesús Fernández Fernández, na Secretaría de Facenda e Pesca.

Desde o PSOE viveirense sinalan que “este equipo afronta con esforzo, traballo e ilusión os retos que se lle presentan por diante, coa vontade de axudar a mellorar a vida dos veciños e veciñas e en beneficio de Viveiro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...