InicioM.ambiente e PatrimonioO Avó de Chavín xa ten selo e a Xunta perfila o...

O Avó de Chavín xa ten selo e a Xunta perfila o plan de conservación do Souto da Retorta

Correos emitirá 960.000 exemplares da estampa en homenaxe ao eucalipto, un dos máis altos e vellos de Europa

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou que perfila o primeiro plan de conservación do monumento natural do Souto da Retorta.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, fixo este anuncio na presentación do selo que Correos vén de adicar á árbore máis emblemática deste espazo, o eucalipto coñecido como “o Avó de Chavín”.

O selo adicado ao eucalipto viveirense englóbase na serie Flora, coa que Correos xa homenaxeara no seu día a exemplares históricos, como a Árbore de Gernika.

o selo enmárcase na serie flora, que xa recoñeceu á arbore de gernika

FORMA E AROMA

Cunha tirada de 960.000 exemplares distribuídos nun prego con seis unidades cada un, a estampa está deseñada con forma de folla de eucalipto e leva impregnado o singular aroma destas árbores.

ENTRE 106 E 138 ANOS DE IDADE

O Avó de Chavín é un dos eucaliptos máis altos de Europa e tamén dos máis antigos, pois calcúlase que ten entre 106 e 138 anos.

A súa peculiar morfoloxía, cunha base con forma de pata de elefante, tamén o fai singular.

o eucalipto caracterízase pola súa altura, antigüidade e peculiar morfoloxía, con forma de pata de elefante

Así, o Avó de Chavín engrosou a listaxe dos 150 exemplares que forman parte do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, un rexistro público dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e no cal se inclúen todas aquelas especies e formacións merecedoras dunha protección especial en atención ás súas características excepcionais.

O Avó tamén recibiu en 2010 o premio Árbore do Ano que outorga a ONG Bosques sen Fronteiras e a Fundación Biodiversidade.

PROTECCIÓN PARA O SOUTO DA RETORTA

O Souto da Retorta é un dos oito monumentos naturais que existen en Galicia desde a súa declaración como tal no 2000.

o souto da retorta foi declarado en 2000 un dos oito monumentos naturais de galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asegurou que “o obxectivo da Xunta é avanzar ao longo do próximo ano na elaboración do plan de conservación, co que se buscará protexer o espazo”.

Vázquez referiuse aos máis de 70.000 euros investidos pola Xunta nestes últimos anos no acondicionamento e posta en valor do monumento natural, un esforzo ao que se lle dará continuidade e que virá completar tamén o futuro plan de conservación deste espazo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...