InicioOrientalBarreirosA alcaldesa de Barreiros mantén unha reunión co secretario de Estado de...

A alcaldesa de Barreiros mantén unha reunión co secretario de Estado de Medio Ambiente sobre a depuradora de San Miguel

O goberno municipal busca de colaboracións que permitan construír a EDAR, xa que para o Concello de Barreiros é inasumible realizalo sen a implicación doutras administracións.

Publicada o

- Advertisement -

Na mañá de onte, a alcaldesa de Barreiros, acompañada da segunda tenente de alcaldesa, mantivo un encontro telemático co Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, para trasladarlle directamente a problemática existente na praia de Arealonga respecto aos verquidos derivados da falta de depuración de augas residuais.

Continúan así desde o goberno municipal na busca de colaboracións que permitan levar a cabo tan importante investimento, xa que para o Concello de Barreiros é inasumible realizalo sen a implicación doutras administracións.

Ana Ermida expuxo que “é unha problemática que podería solucionarse coa construción dunha nova depuradora en San Miguel, para o que se requirirían fondos excepcionais, dado a importancia do investimento e as limitación orzamentarias do municipio.”

O Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, recoñeceu a importancia de levar a cabo dito investimento e garantiu o traballo do seu departamento para que os fondos que se transfiran á Xunta de Galicia para este fin contemplen dita actuación.

Desde o Concello reiterarán á conselleira Ethel Vázquez a necesidade de que o departamento que dirixe considere esta actuación como prioritaria á hora de investir os fondos de recuperación que o Estado transfire ás Comunidades Autónomas, financiando ata o 95% dos custos de execución.

As representantes municipais agradeceron ao Secretario de Estado a súa implicación e o compromiso amosado na reunión, así como nos proxectos de rexeneración e recuperación da zona que o propio Ministerio prevé levar a cabo e que contribuirán á mellora da zona e á súa posta en valor

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...