InicioCentralBurelaAlumnado do CEIP Virxe do Carme de Burela sementou diversas plantas coa...

Alumnado do CEIP Virxe do Carme de Burela sementou diversas plantas coa axuda do centro Gaia

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, subliña que “hai que ter en conta que esta actividade é moi útil á hora de que o alumnado empece a adquirir responsabilidade desde pequeno en canto ao coidado do medio ambiente".

Publicada o

- Advertisement -

O alumnado de 5º de Primaria do Ceip Virxe do Carme realizou unha semente coa axuda das monitoras do Centro Gaia do Concello de Burela.

Nas últimas horas sementaron cabazas, pementos, brócoli e xirasoles que posteriormente transplantarán nunha pequena horta que o centro ten nos xardíns. As monitoras explicaron a procedencia das sementes, a época en que se deben plantar, os coidados en canto ao seu crecemento e a frecuencia coa que se debe regar.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, subliña que “hai que ter en conta que esta actividade é moi útil á hora de que o alumnado empece a adquirir responsabilidade desde pequeno en canto ao coidado do medio ambiente. Isto serviralles para que aprendan non só como se debe realizar o cultivo en cuestión, senón como deben coidalo para que medren os froitos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...