O concelleiro de Cultura, José Díaz, asistiu esta tarde no IES Monte Castelo ao acto organizado para celebrar o día da poesía. O protagonista foi Pablo Trabadelo, poeta da Veiga.
Díaz dixo que “utiliza a fala, o galego e o castelán nas súas obras. É un poeta con personalidade propia e cun estilo diferente. Con 30 anos xa ten 3 libros publicados. Resultou moi interesante coñecer a súa obra e ter un debate entre toda a xente que asistiu sobre a creación literaria, a poesía e o uso de linguas alternativas“.
O edil burelés felicitou ao IES Monte Castelo “pola súa organización para celebrar este día con este tipo de eventos e animo ao seu equipo directivo a seguir traballando así, ideando e propoñendo proxectos interesantes tanto para o alumnado como para o pobo de Burela en xeral”.