- Advertisement -
Esta mañá as monitoras de Gaia estiveron co alumnado de Infantil do CEIP Virxe do Carme cun conto que se titula O señor encoro e a chuvia, “co que intentamos concienciar aos nenos e nenas na necesidade de aforrar auga e non malgastala”.
Desde Gaia sinalan que “explícaselles de onde vén a auga que bebemos e cando facemos mal uso dela, como cepillarnos os dentes coa billa aberta ou bañarnos en vez de ducharnos, porque estamos gastando moita auga innecesariamente”.