A Confederación Hidrográfica do Cantábrico dispón dunha partida orzamentaria destinada a liberar obstrucións nos ríos e regos ribadenses da súa competencia. O ente solicita a colaboración da veciñanza para identificar eses lugares, tal e como informa o alcalde, Fernando Suárez, a través dun Bando.
No Bando o rexedor informa que “que dende a Confederación Hidrográfica do Cantábrico veñen de comunicarnos que dispoñen dunha partida orzamentaria destinada a liberar obstrucións das obras de paso, como poden ser pontes, nos ríos e regos ribadenses da súa competencia (aqueles cuxas augas verten ao Río Eo ou á Ría de Ribadeo, pois os que verten ao Mar Cantábrico son competencia de Augas de Galicia)”.
E explica que “os traballos en cuestión consistirán na retirada de obstáculos ao curso da auga, como poden ser troncos ou depósitos de áridos. Para isto, dende a Confederación Hidrográfica do Cantábrico solicitan colaboración da veciñanza co fin de identificar todos os lugares onde existen este tipo de obstrucións en ríos e regos que verten ao Río Eo ou Ría de Ribadeo”.
No Bando engade que “as comunicacións pertinentes poderán realizarse na Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo (982 120 701 – sostibilidade@ribadeo.org) ou directamente na oficina da Confederación Hidrográfica do Cantábrico en Vegadeo (Rúa Camilo Barcia Trelles 6, 985 968 537 – ca.asturias@chcantabrico.es).