A instalación de fibra óptica continúa a estenderse polo termo municipal de Mondoñedo. Así o explicaron membros do goberno local despois de manter unha reunión con representantes de Adamo e Ibiocom, que informaron que están a deseñar unha nova fase do despregamento desta tecnoloxía.
Os traballos de tendido do cable de fibra óptica para o mes de xuño permitirán dar servizo aos lugares de: O Grobe, Vigo, Santo André, Marquide, A Cabana, A Recadieira, Vilar, Ferrería, A Igrexa, O Casal, Penamoura, A Seara, Outeiro, A Franca, O Campo do Arco, O Souto e Casa Valiña.
A instalación de tecnoloxía de banda ancha que comezou a instalarse no casco urbano mindoniense a finais do ano 2019 trala sinatura dun convenio de colaboración con Adamo, continúa polo resto do termo municipal para dar acceso a Internet de alta velocidade.
Este servizo está a supoñer un salto cualitativo na capacidade e velocidade de acceso á Internet dos fogares e empresas da localidade; “o que, sen lugar a dúbidas, supón un servizo clave para o desenvolvemento social e empresarial do concello”, destacan dende o goberno local.