InicioOccidentalCervoCervo renovará o acabado exterior da Casa do Mar de San Cibrao...

Cervo renovará o acabado exterior da Casa do Mar de San Cibrao cun orzamento de case 50.000 euros

O rexedor, Alfonso Villares, salientou que “a Casa do Mar é unha instalación capital no noso municipio, albergando, en primeiro lugar, a Escola Infantil Municipal, acollendo tamén varias das actividades enmarcadas nas Escolas Deportivas Municipais e sendo o berce e o motor de moitas asociacións da nosa vila, que desempeñan alí labores culturais e sociais”.

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Cervo vai renovar o acabado exterior da Casa do Mar de San Cibrao. O rexedor Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, e a concelleira de obras, Mali Méndez, desprazáronse ata a localización onde se levará a cabo esta actuación.

O proxecto da obra contempla a consecución dunha renovación completa do acabado exterior da Casa do Mar de San Cibrao, executando o saneamento da fachada e acabando unitariamente a edificación.

A renovación acometerase en tres puntos esenciais, que son a fachada principal, o paramento vertical exterior e os aleiros laterais e exteriores. O orzamento desta actuación elévase ata os 48.140 euros.

O rexedor, Alfonso Villares, salientou que “a Casa do Mar é unha instalación capital no noso municipio, albergando, en primeiro lugar, a Escola Infantil Municipal, acollendo tamén varias das actividades enmarcadas nas Escolas Deportivas Municipais e sendo o berce e o motor de moitas asociacións da nosa vila, que desempeñan alí labores culturais e sociais”.

Segundo o alcalde, “con esta actuación melloramos unha infraestrutura municipal que redunda no beneficio de toda a veciñanza, posto que alí se prestan servizos á poboación ao longo de todo o ano”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...