Unha moza de 18 anos resultou ferida este luns despois de que o autobús no que viaxaba sufrise un accidente tras irromper un animal na vía no termo municipal de Foz. Segundo informou o 112 Galicia, no vehículo viaxaban un 50 cincuenta persoas e cubría a liña de Asturias a Viveiro. O accidente tivo lugar sobre as 2,30 horas deste luns na N-642 preto do Polígono de Barreiros.
Foi, a esa hora, cando o condutor do bus chamou ao 112 Galicia para informar do accidente. Segundo confirmou aos xestores de emerxencias, unha moza necesitaba asistencia sanitaria despois de levar un golpe tras impactar o vehículo co animal.
Por iso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112 Galicia) puxo o suceso en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Barreiros, dos membros do GES de Cervo e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado que levou ao Hospital Público da Mariña a unha moza de 18 anos de idade, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.