InicioOrientalBarreirosMáis de douscentos participantes para a carreira popular nas praias de Barreiros...

Máis de douscentos participantes para a carreira popular nas praias de Barreiros este vindeiro domingo

A zona de carreira estará ubicada, como en anteriores edicións, na zona da praia de Altar, lugar no que os participantes, tanto da carreira absoluta coma da andaina, collerán os buses que os trasladarán a zona de saída (praia de Arealonga).

Publicada o

- Advertisement -

A praia de Altar foi o lugar elixido este pasado domingo para a presentación da VIII Carreira Popular das Praias que é organizada pola asociación cultural e deportiva Praias de Comado xunto co Concello de Barreiros e a Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia.

A proba terá lugar o domingo 17 de abril a partir das 11:00 h. para as categorías infantís e ás 11:30 h. darase a saída para a categoría absoluta. Este ano, como novidade, tamén se presentou a andaina de 9 quilómetros que percorrerá pola area mollada todo o litoral barreirense aproveitando a baixamar.

A zona de carreira estará ubicada, como en anteriores edicións, na zona da praia de Altar, lugar no que os participantes, tanto da carreira absoluta coma da andaina, collerán os buses que os trasladarán a zona de saída (praia de Arealonga).

Desde o Concello de Barreiros lembran que, esta proba está incluída no circuíto de carreiras locais +kmsBarreiros que dende a área de Dinamización e Participación Veciñal se puxo en marcha este 2022 incluíndo as 6 carreiras populares que se celebran en Barreiros durante todo o ano.

Daniel García, concelleiro de dinamización, apunta que: “Creando o circuíto +kmsBarreiros tratamos de agrupar dunha forma homoxénea as diferentes carreiras con entidade propia que se organizan en Barreiros”. “O circuito +kmsBarreiros conta con sistema de clasificación propio no cal, para puntuar e optar aos premios e agasallos finais, débese de participar nun mínimo de 4 carreiras das 6 que forman o circuito” destaca o edil barreirense.

Toda a información e inscricións a través da web https://maiskmsbarreiros.gal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...