InicioSucesosLocalizan falecido no corredor da casa o dono da vivenda calcinada en...

Localizan falecido no corredor da casa o dono da vivenda calcinada en Viveiro

O lume provocou o colapso e derrubamento de parte da vivenda.

Publicada o

- Advertisement -

Efectivos dos Bombeiros de Viveiro localizaron o corpo sen vida do propietario da vivenda calcinada por un incendio este luns neste municipio. Segundo informaron fontes do 112 Galicia e de Protección Civil de Viveiro, na mañá deste luns, tras quedar sufocado o incendio, no marco dos labores de rebo foi localizado nun corredor da casa o corpo do dono falecido.

Fontes do dispositivo concretaron que foi un bombeiro o que achou o corpo da vítima, que estaba queimado nun corredor da casa afectada polo incendio.

O 112 Galicia recibiu información deste incendio minutos antes das 6,00 horas cando un veciño do lugar da Aldea, na parroquia de Faro, se decatou de que ardía a casa de en fronte. Tras iso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia enviou avisos aos Bombeiros de Viveiro, aos membros do servizo local de Protección Civil e do GES de Cervo, así como á Policía Nacional e Local.

Debido á necesidade de máis auga coa que facer fronte ás chamas, solicitouse tamén a colaboración do Distrito Forestal de Mondoñedo, que achegaron unha motobomba.

Tras ser extinguido o lume, o dispositivo de seguridade e salvamento procedeu a retirar os restos provocados polo incendio e comprobar se había alguén no interior da vivenda porque o veciño que chamou ao 112 Galicia para alertar da situación indicou que nesa casa vivía un señor, pero non podía asegurar que estivese dentro cando se produciu o lume.

Finalmente, o dispositivo localizou falecido o dono da vivenda unifamiliar, despois de que se realizan diversas xestións para pescudar se o morador podía estar noutro lugar. Por parte do 112 destacaron que este incendio provocou “moito cascallo” e colapsou e derrubouse parte da planta superior, o que complicou a localización da vítima.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...