IniciosociedadeA veciñanza de San Lázaro pide un reductor de velocidade na recta

A veciñanza de San Lázaro pide un reductor de velocidade na recta

Lembran que se produciron accidentes por excesos nos anos 2015, 2016 e 2017

Publicada o

- Advertisement -

Veciños dos edificios de San Lázaro, en Viveiro, solicitan que se instale un redutor de velocidade na recta deste tramo.

A veciñanza lembra que nesta zona producíronse accidentes por exceso de velocidade nos anos 2015, 2016 e 2017, “acreditados con atestados policiais”.

Aínda que non produciron danos persoais, “causaron danos materiais contra vehículos aparcados e contra contedores do lixo”, precisan.

OBRAS NO PIRIXEL

Os veciños afirman que levan “anos rexistrando escritos” para que se instalen medidas de seguridade nesta zona, e cren que se puido facer “aproveitando as obras no Pirixel“.

A veciñanza de San Lázaro asegura que solicitou “dispositivos redutores da velocidade, pasos peonís e beirrarúas dos dous lados, pero a única demanda veciñal atendida foi o novo firme“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...