IniciosociedadeCurso de alfabetización dixital para persoas con discapacidade en Viveiro

Curso de alfabetización dixital para persoas con discapacidade en Viveiro

Será impartido por COGAMI e está financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través de COCEMFE, contará con 85 horas lectivas.

Publicada o

- Advertisement -

COGAMI inicia en Viveiro un curso de alfabetización dixital no que se forman nove persoas con discapacidade. Financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través de COCEMFE, contará con 85 horas lectivas.

As instalacións de Espazo Xove de Viveiro acollen un curso de Alfabetización Dixital que imparte a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

Esta formación iniciárona un total de 9 persoas, 5 mulleres e 4 homes, todas elas co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, e procedentes dos concellos de Viveiro e Burela.

Esta formación, financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través de COCEMFE e dentro das Actuacións dirixidas á atención de adultos con NEE 2021-22. Contará cun total de 85 horas lectivas que serán impartidas de luns a venres en horario de 9:00 a 14.00 horas, e nos que abordarán os módulos de internet, procesador de textos e folla de cálculo.

Estes cursos que desenvolve COGAMI teñen como obxectivo impulsar a inserción sociolaboral, co fin de que o alumnado acade os coñecementos e habilidades para poder inserirse canto antes no mercado laboral. Arestora, a bolsa de emprego de COGAMI ten inscritas un total de 271 persoas inscritas en A Mariña, das que 154 son homes e 117 mulleres.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...