InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo sinala que os contedores do peirao son competencia...

O Concello de Ribadeo sinala que os contedores do peirao son competencia de Portos de Galicia

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, sinalou que "imos enviar información a Portos para que cando poidan ou teñan a ben muden eses contedores e normalicen o servizo para que estea todo como debe. Insisto e recalco que eses recipientes son xestión do ente autonómico Portos de Galicia e non do Concello de Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, asegura que os contedores que teñen as tapas de distinta cor na zona do peirao son xestión de Portos de Galicia e non do Concello. De todos os xeitos o edil sinala que contactarán con este ente autonómico para que corrixa esta situación. Deste xeito responde ás críticas vertidas nas últimas horas polo grupo municipal do PP.

Díaz Freije declarou que “eses contedores do porto de Ribadeo están mal porque esas cores non corresponden cos residuos que hai que botar neles, pero están en zona portuaria, de Portos de Galicia, e polo tanto non corresponden ao Concello”.

E engadiu: “pero imos enviar información a Portos para que cando poidan ou teñan a ben muden eses contedores e normalicen o servizo para que estea todo como debe. Insisto e recalco que eses recipientes son xestión do ente autonómico Portos de Galicia e non do Concello de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...