InicioCentralBurelaComeza a rehabilitación do muro situado na antiga conserveira para continuar ao...

Comeza a rehabilitación do muro situado na antiga conserveira para continuar ao proxecto Burela-In

A concelleira de Mar, Carmela López, explicou que “a obra consiste en acondicionar esta parede para facer un mural co proxecto gañador no concurso artístico Burela-IN da man dos artistas locais Martín Lestao e Belén Mogo, aos que lles agradecemos non só a súa proposta, senón o seu grao de implicación e compromiso coa iniciativa”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela, a través da súa delegación de Mar, informa de que xa está en marcha a obra de rehabilitación do muro da antiga conserveira, na rúa do Berbés, cedido para o Concello pola Confraría de pescadores co fin de realizar o proxecto Burela-IN, subvencionado polo Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP).

A concelleira de Mar, Carmela López, explicou que “a obra consiste en acondicionar esta parede para facer un mural co proxecto gañador no concurso artístico Burela-IN da man dos artistas locais Martín Lestao e Belén Mogo, aos que lles agradecemos non só a súa proposta, senón o seu grao de implicación e compromiso coa iniciativa”.

Ambos artistas xa se atopan traballando no taller para confeccionar algunhas partes do mural, que reflicte o carácter mariñeiro da vila, no que se empregarán materiais en desuso como redes e gres. Para iso, ao abeiro da parte artística do proxecto Burela-IN, visitaron en semanas pasadas a antiga fábrica de gres, onde seleccionaron restos de material, así como a nave de redeiras, onde puideron inspirarse en canto ás artes de pesca.

Neste senso, López amosouse satisfeita coa “colaboración de todas as entidades implicadas no proxecto Burela-IN, que aglutina ao sector pesqueiro, entidades de inclusión e concello, contando ademais con outras aportacións como a da Asociación Tá en Artes e Neira Brochs, que se sumaron nesta iniciativa social, artística e de economía circular”. “Nesta segunda anualidade establecemos dúas liñas de traballo, por unha banda a rehabilitación do muro da antiga conserveira, e por outra, unha mostra itinerante que vai liderar a Asociación A Mariña sen plástico, e da que iremos dando máis información”.

BURELA-IN

O proxecto promove a integración social, contribuíndo a reforzar o dinamismo social, económico e ambiental da zona costeira, nomeadamente de Burela. Foméntase con ese fin a colaboración entre o sector pesqueiro, entidades de inclusión e o Concello, deseñando un plan de economía circular, que se centra no aproveitamento dos recursos ou refugallos das actividades pesqueiras para darlles unha segunda vida.

Articúlase así un traballo en rede desde a perspectiva da integración social e a nivel municipal, incluíndo confrarías e outras entidades do sector pesqueiro con asociacións de inclusión, así como colectivos sociais, culturais, ambientais, etc.

Veñen deseñando en conxunto diferentes programas e actividades, como o concurso artístico Burela-IN para o arte mural con materiais reciclados do sector pesqueiro, ou a que se ten prevista realizar nesta anualidade, traballando na creación dunha mostra itinerante que conciencie sobre a problemática dos plásticos no mar.

O edil de Turismo, Ramiro Fernández, acudirá este sábado á Feira de Abril convidado polo Lar Gallego de Sevilla, que dedica a súa caseta este ano a Burela. O Concello destaca que é unha moi boa oportunidade para promocionar a localidade a nivel turístico. Fernández Rey acudirá convidado á tradicional “Cena del Pescaíto” e levará ata o lugar motivos mariñeiros, redes, vinilos e mesmo un cadro pintado de Burela. Desde o goberno local agradecen o convite por parte do Lar Gallego de Sevilla e a ocasión de que se dea a coñecer no sur a cultura da Mariña

LAR GALLEGO DE SEVILLA

O Lar Gallego de Sevilla dedica este ano a súa caseta na Feira de Abril ao municipio de Burela, lugar ao que acudirá este sábado 30 de abril o edil de Turismo, Ramiro Fernández Rey, convidado pola entidade á tradicional “Cena del Pescaíto”. O goberno local aproveitará o convite para facer promoción turística do municipio no evento, con motivos mariñeiros, redes, vinilos e mesmo un cadro pintado de Burela.

Fernández Rey agradeceu ao presidente do Lar Gallego de Sevilla, José Antonio Otero Fernández, “a oportunidade que supón esta invitación e a iniciativa de dedicar á nosa localidade a súa caseta, pois contan con máis de 800 socios e unha das casetas máis grandes de entre as máis de mil que hai na feira, e polas que pasará moitísima xente”.

O edil de Turismo fará entrega dun agasallo institucional en nome do concello como mostra de gratitude, “moi satisfeitos con esta relación que se establece entre o norte e o sur, que permite dar a coñecer a nosa cultura, patrimonio, gastronomía e paisaxes, así como poder coñecer de primeira man como viven os andaluces un dos eventos máis sonados e importantes da súa cultura”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...