InicioOccidentalCervoCervo acollerá a súa VI Foliada xunto cunha feira de artesanía e...

Cervo acollerá a súa VI Foliada xunto cunha feira de artesanía e alimentación

As Asociacións Fervenza de Sargadelos, Fol do Raxal, e Marmeladas A Morena organizan esta foliada en colaboración coa Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello de Cervo.

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro 7 de maio as Asociacións Fervenza de Sargadelos, Fol do Raxal, e Marmeladas A Morena, organizan a VI Foliada de Cervo e unha feira de artesanía e alimentación na Praza do Souto, xunto coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello de Cervo.

O programa inclúe actividades e música durante todo o día. Entre elas destacan dous obradoiros, un de construción de pandeiros impartido por Xosé Maceda e outro para as crianzas de xoguetes sonoros da man de Miudiño.

A música tradicional comezará ás 12h polos bares de Cervo e Sargadelos. A Sacabeira, O Caseto de Copa, a Pousada O Almacén e a Taberna de Sargadelos ofrecerán tapas a 2,50€. Ás 14h Covagueira amenizará a sesión vermú cun concerto na Praza do Souto.

Pola tarde continuará a Foliada con grupos de toda a Mariña e, ás 22h 30, poderemos desfrutar do concerto de Airiños da Freba. Ademais, desde as 12h até as 20h haberá feira de artesanía e alimentación. Durante a xornada celebraranse varios sorteos e tamén se ofrecerá queimada a media noite.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...