As monitoras da aula Gaia dependente da delegación de Medio ambiente do Concello de Burela realizaron esta mañá un obradoiro de reciclaxe de papel para as nenas e nenos de segundo de primaria do Ceip Vista Alegre. No día de mañá continuarán con esta formación tamén en primaria.
O Plan de aforro de papel pode ser beneficioso para reducir o impacto negativo que produce a fabricación constante polo elevado consumo, podendo reducir a tala de árbores, o gasto de auga e enerxía, a acumulación de residuos, vertidos ou outras emisións.
O alumnado aprendeu a fabricar o seu propio papel coas indicacións das monitoras, e coa principal motivación de reducir o consumo, reutilizalo nas aulas, salas de profesores e departamentos, así como reciclar este papel sempre que sexa posible.
Empregaron papel usado, periódicos, revistas e follas escritas ou pintadas para trocear e facer unha pasta con agua, que trituraron e estenderon nun recipiente. Posteriormente, introduciron no mesmo unha malla de alambre ata que parte da “pulpa” da masa pousase, levantando o alambre con coidado. Posteriormente, apoiaron esta lámina sobre papel absorbente e deixaron secar.
Esta actividade captou a atención dos pequenos e pequenas en todos os procesos de elaboración, aprendendo a ser respectuosos co medio ambiente ao tempo que se divirten e se responsabilizan de traballos en equipo.