- Advertisement -
Nesta semana de celebración das Letras Galegas, chega o turno para a narración oral. Xarope Tulú achegarase de novo ao Vicedo para ofrecer o seu contacontos Estrafalaria, onde Atenea Garcia ofrece un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos e onde o público participa activamente no relato.
Será o xoves ás 17h na Casa da Cultura do Vicedo e está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos que queiran pasar un bo rato escoitando relatos de Atenea.