InicioEconomíaA plataforma "Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo" realizará viaxes reivindicativas para pedir melloras...

A plataforma “Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo” realizará viaxes reivindicativas para pedir melloras na liña de tren

O domingo 29 de maio sairán no rexional de Ferrol cara Ribadeo ás 8:20 (subindo cada quen no seu apeadeiro/estación máis próximo), chegando ás 11:30 a Ribadeo, e collendo o "testigo" da xente que chega de Asturias.

Publicada o

- Advertisement -

Os colectivos en defensa do tren Ferrol-Ribadeo realizarán desde o día 26 ao 29 de maio viaxes de carácter reivindicativo, realizando “relevos” en cada comunidade, todo isto organizado por distintas plataformas cidadáns. Isto farase en coordinación doutras plataformas en defensa do FEVE cantábrico.

O domingo 29 de maio sairán no rexional de Ferrol cara Ribadeo ás 8:20 (subindo cada quen no seu apeadeiro/estación máis próximo), chegando ás 11:30 a Ribadeo, e collendo o “testigo” da xente que chega de Asturias. Logo de xantar, sairase ás 15:00 de Ribadeo, con chegada a Ferrol ás 18:10.

Desde os colectivos en defensa do tren Ferrol-Ribadeo animan “a acudir a todas aquelas persoas que teñan na cabeza que non podemos perder algo tan importante e básico para as nosas comarcas é como O Noso Tren, e que non debemos deixar que cada vez, nolo poñan nunha situación máis precaria”. Os mesmos colectivos sinalan que “é resposabilidade de todas que continúe a prestar servizo, e o faiga dunha maneira eficaz e eficiente; moi lonxe do que actualmente sucede”.

Os obxetivos que persegue esta iniciativa son:

– Mantemento preventivo das unidades ata conseguir a práctica desaparición das incidencias por este motivo, e renovación e mantemento das infraestructuras (vias, estacións apeadeiros).

– Aumentar frecuencias/axustar horarios ás necesidades da poboación.

– Información en tempo real aos viaxeiros e viaxeiras, en todas as paradas, sobre servizos e posibles incidencias. Interventores en todos os servizos. Coordinar adecuadamente os servizos sustitutorios cando se produce unha incidencia (bus, taxi…)

– Puntualidade, con desviacións nunca superiores aos cinco minutos en destino.

– Coordinación cos outros modos e medios de transporte, con billete único, para facilitar os transbordos nas viaxes que necesitan varias etapas entre orixe e destino.

– Recuperar, en todos e cada un dos tramos, os menores tempos históricos de viaxe.

– Unidades dotadas de espazo suficiente para realizar os servizos.

– Conexión das liñas cos centros que xeran transporte de mercadorías ou multimodalidade destas (Plataformas Loxísticas, portos marítimos e portos secos, etc). Eliminar a política de rexeitar transportes.

Facebook: facebook.com/defendeotrenferrolribadeo

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...