InicioCentralFozA agrupación A Subela entrega á Concellaría de Servizos Sociais de Foz...

A agrupación A Subela entrega á Concellaría de Servizos Sociais de Foz produtos para o banco de alimentos

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, “de maneira especial á agrupación A Subela tan encomiable xesto” e destaca que “este tipo de actos solidarios poñen en valor unha vez máis a solidariedade dos veciños e veciñas do noso pobo coas persoas en situación de precariedade".

Publicada o

- Advertisement -

A agrupación A Subela entregou á concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, produtos para o Banco Local de Alimentos de Foz que foron recadados nun festival infantil celebrado recentemente.

Ana Rojo explica que “esta iniciativa solidaria levada a cabo pola agrupación A Subela, de Foz, co Banco Local de Alimentos tiña a finalidade de recadar a maior cantidade de produtos alimenticios, coa colaboración de todo o público asistente na Sala Bahía, de Foz, durante a celebración do XII Festival Infantil da Subela. A intencionalidade deste evento era a de colaborar desinteresadamente co noso Concello e así poder achegar estes produtos ás familias máis vulnerables. A entrada era totalmente gratuíta, o único requisito que se pedía era que o público aportara alimentos e así quedaba exonerado do pago da entrada o espectáculo. A participación foi alta e a agrupación A Subela fixo entrega de todos os alimentos recadados á Concellería de Servizos Sociais e Familia para a súa posterior distribución entre os usuarios do banco”.

A edil agradece “de maneira especial á agrupación A Subela tan encomiable xesto” e destaca que “este tipo de actos solidarios poñen en valor unha vez máis a solidariedade dos veciños e veciñas do noso pobo coas persoas en situación de precariedade. Moitas grazas ós integrantes da agrupación A Subela!”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...