InicioOccidentalViveiroViveiro impulsa xestións para obter cesións de varios terreos para melloras nos...

Viveiro impulsa xestións para obter cesións de varios terreos para melloras nos paseos marítimos de Covas e Viveiro

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro espera que despois de todos os trámites previos realizados polo concello para chegar a este punto, por parte do Servizo Provincial de Costas se inicie o expediente que permita finalmente que o concello obteña estes terreos e poida dar solución ás problemáticas existentes.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, en base ás necesidades existentes nas zonas dos paseos marítimos de Covas e Viveiro, atendendo á regulación establecida na normativa en materia de Costas e co fin de poder contar coa cesión da propiedade de varios terreos adxacentes a estes paseos, que hoxe en día forman parte do dominio público marítimo terrestre, procedeu á solicitude da regularización da liña interior de ribeira de mar nestes paseos, tendo en conta que perderon as súas características naturais de zona marítimo-terrestre. Este trámite permite a declaración de innecesariedade previa á tramitación da desafectación e posterior cesión ao concello.

Unha vez finalizada esta tramitación de modificación da liña interior de ribeira de mar e de innecesariadade, podería levarse a cabo a desafectación e cesión ao Concello de Viveiro. Con este fin, o Concello de Viveiro levará ao próximo pleno a solicitude de desafectación
Os terreos que se pretenden obter permitirán solventar diversas necesidades e levar a cabo actuacións de mellora mediante a reconstrución dalgunhas das rotondas existentes no municipio, como é a rotonda da Misericordia, na que é preciso realizar unha ampliación para facilitar o tránsito do vehículos pesados.

Tamén contémplase a mellora da imaxe medioambiental dalgunhas zonas, como é a explanada da zona dos edificios da Variante, que actualmente se atopa en mal estado e sobre a que non se podía actuar; e a dotación de zonas de estacionamento, así como a mellora de diversas zonas destinadas ao tránsito rodado ou a recuperación dunha parte do Parque Pernas Peón, que a día de hoxe é titularidade de Costas.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro espera que despois de todos os trámites previos realizados polo concello para chegar a este punto, por parte do Servizo Provincial de Costas se inicie o expediente que permita finalmente que o concello obteña estes terreos e poida dar solución ás problemáticas existentes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...