InicioSucesosDeteñen a un menor de Ribadeo por conducir un moto sen carné...

Deteñen a un menor de Ribadeo por conducir un moto sen carné e fuxir da Garda Civil en varias ocasións

Tamén foron sancionados conductores en Foz, Ribadeo e Xove por alcolemia positiva.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un menor como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria por conducir sen ter carné unha motocicleta entre os meses de abril e maio. Ademais, foi imputado como cooperador necesario un veciño de Ribadeo, familiar deste, por deixarlle o vehículo.

Segundo informou o Instituto Armado, nos meses de abril e maio constatouse que conduciu en varias ocasións unha motocicleta e fuxiuse varias veces segundo era localizado. A Benemérita comprobou finalmente a súa identidade e que carece de ningún tipo de licenza ou permiso de condución.

Así mesmo imputou en calidade de investigado como cooperador necesario na comisión do delito a un familiar directo, veciño de Ribadeo, propietario da motocicleta, “o cal a propósito de que o menor carecía de licenza ou permiso cedíalle de modo reiterado a motocicleta para a súa condución”, destacan as mesmas fontes.

ALCOHOLEMIAS

Por outra banda, a Garda Civil na estrada LU-862 no termo municipal de Xove imputou en calidade de investigado a un veciño de Sada de 42 anos como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.

Ao individuo sometéuselle ás probas de alcoholemia no marco dun punto de verificación de alcol e drogas, nas que obtivo positivo de 0,69 mg/l.

No termo municipal de Ribadeo imputou en calidade de investigado a un veciño de Vigo de 44 anos de idade como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. Sometido ás probas de alcoholemia, obtivo resultado positivo de 0,76 mg/l.

Ademais, en Foz imputou en calidade de investigado a un veciño deste municipio de 25 anos de idade como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. Obtivo nun punto de verificación de alcol, positivo de 0,90 mg/l.

DETIDO

Por outra banda, a Garda Civil detivo na localidade lucense de Foz a un veciño deste municipio de 46 anos de idade, ao cal lle consta unha requisitoria en vigor de detención e personación dimanante do Xulgado de Instrución número 3 de Murcia. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº 2 de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...