InicioOccidentalViveiroViveiro chama á veciñanza para participar na representación do desembarco de Carlos...

Viveiro chama á veciñanza para participar na representación do desembarco de Carlos V

“O desembarco diferencia o noso Mercado Renacentista doutras citas similares. Por iso queremos involucrar á veciñanza nesta parte tan sinalada do mercado, recuperando o esplendor da festa”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través da área de Cultura, xa está a traballar intensamente na representación do desembarco de Carlos V. Unha cita enmarcada no XIII Mercado Renacentista, que se celebrará do 7 ao 10 de xullo.

Concretamente, a representación do desembarco celebrarase o venres 8 de xullo, unha actividade na que o Concello de Viveiro quere contar coa colaboración da cidadanía. Por iso, animan aos veciños e veciñas a participar na representación, sumándose aos ensaios previos.

As persoas interesadas en formar parte da representación poden apuntarse na Biblioteca Municipal de Viveiro, no teléfono 982 57 06 06, antes do sábado 25 de xuño. A organización contactará con estas persoas para explicar en que consiste o evento, así como os distintos ensaios previos.

“O desembarco diferencia o noso Mercado Renacentista doutras citas similares. Por iso queremos involucrar á veciñanza nesta parte tan sinalada do mercado, recuperando o esplendor da festa”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

A edil agradeceu ademais o labor das persoas que a título individual e as asociacións que colaboraron noutras edicións desta cita. “Grazas ao seu desinteresado traballo, logramos que esta cita diferenciadora sexa cada vez máis importante”, engadiu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...