A corporación municipal e persoal do Concello de Burela recibe a Laura Herrera, responsable do Programa Feminismo e Xustiza Ambiental do Colectivo Feminista Para o Desenvolvemento Local, dentro da xira que está a realizar esta defensora de dereitos centroamericana por varias vilas galegas para denunciar as consecuencias que ten para El Salvador a mala xestión dos recursos naturais e para explicar en qué consiste o movemento salvadoreño para a xestión popular da auga, así como as sinerxias que se xeraron para tecer este movemento a nivel municipal e social.
A activista salvadoreña presentará os resultados da Escuela de lideresas por la defensa ambiental que a Colectiva Feminista desenvolveu ao longo do último ano no Departamento de Cuscatlán, co acompañamento da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e co financiamento do Fondo Galego de Cooperación.