InicioCentralLourenzáA II Xornada dedicada a Fernández del Riego celebrarase en Lourenzá o...

A II Xornada dedicada a Fernández del Riego celebrarase en Lourenzá o 18 de xuño no mosteiro de San Salvador

Na xornada intervirán o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, que ofrecerá unha charla titulada Fernández del Riego, editor, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, que falará sobre Fernández del Riego e a Universidade.

Publicada o

- Advertisement -

O claustro do mosteiro de San Salvador, en Vilanova de Lourenzá, acollerá o 18 de xuño, sábado, a partir das 12 do mediodía a segunda xornada dedicada a Francisco Fernández del Riego, actividade que organiza a asociación Patrimonio Laurentino coa colaboración do Concello de Lourenzá. Na presentación participou a alcaldesa, Rocío López, con representantes do colectivo promotor desta iniciativa.

Na xornada intervirán o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, que ofrecerá unha charla titulada Fernández del Riego, editor, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, que falará sobre Fernández del Riego e a Universidade. Para esta actividade a asociación Patrimonio Laurentino conta coa colaboración de Xosé López González, coñecido como Pepe de Celeirao, que é un veciño de Lourenzá licenciado en Filoloxía Galega que ten moitos traballos escritos sobre Francisco Fernández del Riego.

A presidenta da asociación Patrimonio Laurentino, Remedios Gallo Fernández, explicou que “Francisco Fernández del Riego naceu en Vilanova de Lourenzá en xaneiro de 1913 e faleceu o 25 de novembro de 2010, un século de galeguismo, non soamente dedicou a súa vida a reorganizar a cultura galega en circunstancias de agobio senón que tamén pertenceu á xeración de galeguistas brillantes. Participou na fundación da Editorial Galaxia, en 1950, e na revista Grial; exerceu de correspondente da Galicia emigrante e publicou a cara descuberta baixo o pseudónimo Salvador Lourenzá, un orgullo para esta vila. Nos seus últimos tempos dirixiu a biblioteca da Fundación Penzol, en Vigo, e recibiu a medalla Castelao. De el dixo Méndez Ferrín que era a pedra angular do nacionalismo cultural e político do século XX”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...