InicioOrientalRibadeoFin de curso na EMMeD de Ribadeo cun festival para esta fin...

Fin de curso na EMMeD de Ribadeo cun festival para esta fin de semana aberto a toda a cidadanía

“Queremos facer un festival de fin de curso aberto a toda a cidadanía, de aí que o realicemos no Auditorio de Cabanela. Dado o volume, tanto de alumnado como de público asistente a estes festivais, cada vez nos é máis difícil facelos en recintos pechados”, sinala Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar un novo curso. Farao de xeito oficial este sábado, 18 de xuño, ás 17:00 horas.

“Queremos facer un festival de fin de curso aberto a toda a cidadanía, de aí que o realicemos no Auditorio de Cabanela. Dado o volume, tanto de alumnado como de público asistente a estes festivais, cada vez nos é máis difícil facelos en recintos pechados”, sinala Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo.

Hugo García salientou que “o festival será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentamos sorprender á xente cun festival concibido para que o desfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nas presentacións. O único que nos falta agora é que o tempo nos bote unha man pois senón verémonos obrigados a trasladar as actividades ao auditorio”.

Pola súa banda, a edil de Ensino, Mari Luz Álvarez Lastra, quixo poñer en valor o feito de que pouco a pouco “a Escola recuperou unha das súas características fundacionais que é o feito de achegar a música ao conxunto de veciños e veciñas da vila. Comezamos con actuacións de pequeno formato e agora chega o momento de recuperar tamén os festivais aos que a Escola nos ten acostumados e que, como tantas outras cousas no noso día a día, a pandemia nos deixou sen poder desfrutalas”.

O responsable do centro valora de maneira “moi positiva o curso 2021/2022” e considera que “é preciso seguir traballando tal e como o vimos facendo ata o de agora para manter e aumentar o nivel formativo e máis a calidade das actividades que organizamos. A pesar destes anos de incerteza sanitaria o centro mantivo o número de matrículas, con preto de 360 persoas inscritas, e o número de docentes, trece”.

A dirección da EMMeD de Ribadeo xa traballa na preparación do curso 2022/2023 no que non haberá grandes cambios. Antes de pechar o mes de xuño, a EMMeD de Ribadeo achegarase a varias parroquias ribadenses para ofrecer pequenos concertos continuando así co proxecto Musiqueando polas parroquias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...