InicioCentralDenunciado por agredir a un veciño de Foz que lle chamou a...

Denunciado por agredir a un veciño de Foz que lle chamou a atención por non levar o can con correa

Detida unha veciña de Ribadeo por furtar varios perfumes e cosmáticos.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado na localidade lucense de Foz un veciño deste concello de 34 anos de idade como presunto autor dun delito de lesións por agredir a unha persoa que lle recriminou que tiña que levar o can con correa.

Así o informou o Instituto Armado, que indicou que os feitos tiveron lugar no termo municipal de Foz, cando supostamente a vítima recriminoulle que tiña que levar o seu can con correa e, acto seguido, a persoa investigada agrediuno.

As dilixencias policiais instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 dos de Viveiro.

FURTO

Por outra banda, a Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo a unha veciña deste concello de 51 anos de idade como presunta autora dun delito de furto. A presunta autora furtou varios perfumes e cosméticos no mes de xaneiro e xuño deste ano nun establecemento comercial de Ribadeo, cuxo valor ascende a máis de 750 euros. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 2 de Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...