InicioOccidentalViveiroO xulgado de Lugo confirma que o despedimento dunha limpadora do Concello...

O xulgado de Lugo confirma que o despedimento dunha limpadora do Concello se axusta a dereito

A sentenza, segundo o Concello de Viveiro, confirma que a actuación municipal foi axustada a dereito e que avala a actuación municipal. Tamén constata que os trámites levados a cabo no seu momento polo Concello "contaban coa correspondente motivación e amparo xurídico".

Publicada o

- Advertisement -

O Xulgado do Social Nº 4 de Lugo ditou unha sentenza o pasado mes de maio sobre o procedemento de despido dunha limpadora dun centro educativo que a empresa adxudicataria do servizo non subrogou. Dita sentenza absolve ao Concello de Viveiro de todas as peticións formuladas.

A sentenza, segundo o Concello de Viveiro, confirma que a actuación municipal foi axustada a dereito e que avala a actuación municipal. Tamén constata que os trámites levados a cabo no seu momento polo Concello “contaban coa correspondente motivación e amparo xurídico”.

O Concello lamenta “a politización deste asunto por parte da oposición, que, nunha actitude vergoñenta, sobre todo por parte do Partido Popular e, especialmente por parte da concelleira do BNG, se levou esta cuestión á opinión pública, pedindo a comparecencia da Alcaldía ante o Pleno e realizando acusacións totalmente infundadas”.

Desde o Concello de Viveiro sinalan que respectan en todo momento as decisión xudiciais, e respectarán a eventual sentenza que poida adoptar a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ante un eventual recurso, posto que esta sentenza non é firme. Aínda así, o fallo deixa totalmente claro que este Concello, en ningún caso, actuou de forma irregular.

A Alcaldía explica que durante a súa comparecencia sobre este asunto ante o Pleno da Corporación, “calquera actuación realizada no ámbito administrativo pode estar suxeita a diferentes criterios interpretativos, pero isto non pode levar a formular afirmacións, como sucedeu neste caso, nas que sen fundamento algún se acusou de irregularidades”.

Desde a Alcaldía tamén sinalan que “a gravidade destas acusacións e tendo en conta que por parte do PP, Por Viveiro e BNG se acordou a comparecencia pública da Alcaldía ante o Pleno para dar explicacións sobre este asunto, dende o goberno municipal enténdese necesario dar conta aos veciños e veciñas do fallo desta sentenza, da que se deu conta ao Pleno este martes día 14 de xuño”.

Despois desta sentenza, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, “espera que, por parte daqueles que no seu día acusaron ao Concello de irregularidades, coa mesma contundencia, neste momento, pidan desculpas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...