A Xunta de Galicia rematou as obras de mellora en seis vías do municipio do Vicedo por un investimento total de 93.000 euros.
Os traballos desenvolvéronse na vía do Vicedo Vello a Porto, nas estradas que dan acceso ao núcelo de Amieiro, á praia de Arealonga e ao núcleo da Corva, e nas rúas do Porto e Moledos.
As melloras consistiron nunha nova pavimentación destas estradas, mediante a extensión dunha capa de asfalto en quente que substitúe ao pavimento anterior, que na maior parte dos casos era a base de rego asfáltico.
As obras incluíron, de xeito complementario, a limpeza e apertura de cunetas e adecuación dos pozos de rexistro conforme á nova rasante da calzada.
FINANCIAMENTO DO 100% DAS OBRAS
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Jesús Novo, visitaron os espazos nos que se actuou.
A administración autonómica asumiu o cen por cen do custe destas obras con cargo á orde de mellora de infraestruturas e espazos públicos que convoca a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.