InicioCentralLourenzáA bandeira LGTBI pendurará da fachada na Casa do Concello de Lourenzá...

A bandeira LGTBI pendurará da fachada na Casa do Concello de Lourenzá polo Día do Orgullo

A alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Igualdade, Mercedes Dengra, explican: “queremos visibilizar con este xesto o noso apoio firme á defensa e á reivindicación dos dereitos e liberdades deste colectivo. Hoxe, máis que nunca, rendemos homenaxe aos dereitos desas persoas que loitan pola diversidade sexual e de xénero".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá súmase hoxe á reivindicación do colectivo LGTBI e colga a bandeira arco iris na fachada do consistorio para conmemorar o día internacional do orgullo LGTBI.

A alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Igualdade, Mercedes Dengra, explican: “queremos visibilizar con este xesto o noso apoio firme á defensa e á reivindicación dos dereitos e liberdades deste colectivo. Hoxe, máis que nunca, rendemos homenaxe aos dereitos desas persoas que loitan pola diversidade sexual e de xénero. Aínda que nos últimos anos se avanzou moito neste eido segue sendo necesario un compromiso xeral de toda a sociedade e un apoio real e efectivo de tódalas administracións con esta causa. Debemos entre todos sumar esforzos para conseguir unha democracia cada día máis inclusiva e respectuosa coa diversidade e cos dereitos de tódalas persoas”.

O Concello de Lourenzá súmase tamén ao manifesto de apoio ás persoas LGTBI da Federación Galega de Municipios e Provincias, que se pode ler a través deste enlace: http://loom.ly/f5STsWA.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...