InicioCulturaConvocado o IV Certame de Teatro Afeccionado nos meses de novembro e...

Convocado o IV Certame de Teatro Afeccionado nos meses de novembro e decembro

As representacións das obras seleccionadas desenvolveranse durante o mes de novembro e a entrega de premios terá lugar nunha gala especial a celebrar no mes de decembro.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Cultura convoca a cuarta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará durante os meses de novembro e decembro.

Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, quen explica que “as bases do certame aparecen publicadas na páxina web do Concello e o prazo de inscrición remata o 30 de setembro. As representacións das obras seleccionadas desenvolveranse durante o mes de novembro e a entrega de premios terá lugar nunha gala especial a celebrar no mes de decembro. O premio á mellor representación terá unha dotación económica de 750 euros e cada grupo seleccionado recibirá 300 euros en concepto de gastos de desprazamento, material, montaxe, etcétera. Ademais haberá premios para as mellores interpretacións, mellor montaxe e un premio especial do público. Nesta edición está previsto que as representacións teñan lugar no novo local multiusos que se está habilitando unha das naves da feira e que contará cunha maior capacidade e mellor accesibilidade da que dispoñía o salón de actos do Concello, onde se desenvolveron as edicións anteriores”.

Na anterior edición deste certame a gañadora foi a compañía Gargallada Teatro, de O Barco de Valdeorras, coa obra Fuga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...