InicioOrientalTrabadaTrabada recibe a Marta Pedrosa e Acuae Puga tras gañar o bronce...

Trabada recibe a Marta Pedrosa e Acuae Puga tras gañar o bronce no Nacional de Remo Olímpico

“É un orgullo ver que hai futuro para os nosos nenos e nenas que queren dedicarse ao deporte nos concellos do rural”, expresou Mayra García Bermúdez, alcadesa de Trabada.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, xunto aos concelleiros Julia María Barcia e Rubén García, recibiu hoxe ás deportistas Marta Pedrosa e Acuae Puga do Club Remeros del Eo. O equipo, formado por unha rapaza de Ría de Abres (Trabada) e outra de Abres (Vegadeo), vén de lograr o bronce no Campionato Nacional de Remo Olímpico en categoría xuvenil.

“É un orgullo ver que hai futuro para os nosos nenos e nenas que queren dedicarse ao deporte nos concellos do rural”, expresou Mayra García Bermúdez, alcadesa de Trabada, quen felicitou a Marta e Acuae, polos seus éxitos deportivos e desexoulles o mellor para as vindeiras competicións.

O apoio ao deporte é fundamental dende a administración local, “polos valores sociais tan importantes que promove, fundamentais para o progreso dunha sociedade, como son o esforzo, a constancia, a vontade de superación, o compañeirismo e o respecto polos demais”, pero tamén pola súa capacidade “para a promoción do territorio e o turismo”, engadiu a rexedora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...