InicioCentralBurelaPresentada a VIII Edición do Torneo de Tenis do Concello de Burela...

Presentada a VIII Edición do Torneo de Tenis do Concello de Burela coas inscricións abertas até o 14 de xullo

O concelleiro de deportes, Ramiro Fernández, presente na presentación do memorial, quixo agradecer “ao club de tenis o traballo para conseguir manter e dar continuidade a este torneo, a través do cal tamén se mantén viva a memoria e o legado de José Luis Yebra”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela e o Club de Tenis A Marosa presentan unha nova edición do Torneo Memorial José Luis Yebra, en lembranza do socio do club falecido no ano 2015 e un dos grandes impulsores deste deporte na localidade.

A competición, consolidada nesta xa oitava edición, desenvolverase nas instalacións da Marosa con partidos de individual absoluto, dobres absoluto e xóvenes promesas (divididos en dúas categorías por idade).

O prazo de inscrición xa está aberto e pódese realizar ben chamando aos teléfonos 687 433 380 / 630 744 347 ou ben no correo electrónico clubdetenispadelamarosa@outlook.com ata o vindeiro 14 de xullo, data na que se pechará dita inscrición.

O concelleiro de deportes, Ramiro Fernández, presente na presentación do memorial, quixo agradecer “ao club de tenis o traballo para conseguir manter e dar continuidade a este torneo, a través do cal tamén se mantén viva a memoria e o legado de José Luis Yebra”, destacou, asegurando que se porán a disposición “os recursos que temos no concello para facilitar o desenvolvemento do torneo”.

Desde o club animaron á participación nesta competición que cada ano gaña máis seguidores e público nas gradas, así como novos xogadores que se incorporan ás pistas, “nas que se pode observar un bo nivel e un espectáculo deportivo digno de ver”.

Neste senso, o edil confirmou que “o torneo supón un atractivo deportivo e turístico máis para Burela, posto que se xunta moita xente para desfrutar da competición e se promoven valores deportivos moi importantes para a nosa sociedade”, explicou, “un froito que recollemos de todo o labor que fai o club de tenis”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...